LugoPatrimonio apoia á Plataforma Sarriana polo Río nas súas propostas alternativas ao actual plan de encanamento do río Sarria.
A política de feitos consumados, cunha intervención que destrúe patrimonio natural e cultural non é a solución ao problema das enchentes, como se pode ler no proxecto da obra xa en execución. Segundo podemos ler no manifesto da plataforma sarraiana polo río, esta obra, entre outras cousas, eliminará "casi por completo o corazón do patrimonio cultural, histórico, ambiental e paisaxístico da parte baixa de Sarria. A centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo (s.XIX) serán derrubados. Tamén un estribo medieval da ponte chamado “Ponte Ribeira” próximo ó paseo do Malecón e xusto no Camiño de Santiago será eliminado, así como casi todo vestixio do antigo muíño do Toleiro: presa, caz e illa para o desvío da agua. Tamén a parte da illa tocante á socaz do muíño será profundamente alterada, cambiando a súa elevación sobre o río."
Máis información da Plataforma nos seguintes enlaces:
Web da Plataforma Sarriana polo Río: http://www.plataformariosarria.org/gl/
Canal en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC84h_ZkVz8oezmAaz5Hy4pQ
Facebook da plataforma: https://www.facebook.com/salvemosoriosarria
Petición en Change.org dirixida á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que reconsidere o plan.
¡¡¡¡S.0.S!!!!
Felipe-Senén López
Tamén desafiuzado o patrimonio cultural labrego
Como a moitos, a Benigno Eiriz tamén lle rompía o alma ollar un carro galego deteriorándose á intemperie, pese a tanta cultura tras si.Namentres competían os desgobernos das urbes a quen ter máis metros cúbicos de espectaculares carcasas, incontinencia deconstructivistas para casas da cultura, ciudades da cultura, coliseos, forums, palladiums e palexcos, arenas… namentres se botan a perder as verdadeiras casas e templos dos creadores e se asasinaba ás súas pantasmas, ao ”genius loci”, atoutiñante entre contidos, mobles, ferramentas de traballo … Os netos desfanse das coleccións dos avós, namentres imperan as virtualidades importadas e mercadas por catálogo.Coleccións asociadas a teimas dunha vida gastando esforzos e medios, cedéndoas … a facer o que os gobernos non facían na súa borracheira burocrática.
Sempre lembraremos e impartiremos a lección de praxe de Isaac Díaz Pardo, que con algúns outros, aproveitando e mellorando vellas teorías, entre elas a de Castelao e a do Seminario de Estudos Galegos, dedicouse a more info crer aínda no ser humano, á produtividade e a dignificar entre os esperpentos canto significaba Galiza. Non entendía a cultura como un adorno ou unha liturxia, pese a que o arrastraron a iso; repetía “que a cultura é o que o ser humano cultiva”. E é certo que o ser humano cultiva tradicións, crea, inventa e copia ideas e artefactos cos que desenvolver a vida e a intelixencia. Pese a todo priman as virtualidades por encargo.
Entre tantas historias tristes do fracaso colectivo, tamén está a de Benigno Eiriz López, natural desa ribeira sacra do Miño, da que agora incoan expediente para figurar nos papeis como Patrimonio da Humanidade.
Día 22, sábado: Viaxe a Ourense para visitar o Museo Arturo Baltar na cidade, acompañados polo propio artista, co cal manteremos un coloquio; igrexas de Santa Eufemia e Santa María, Pinturas do Pórtico do Paraíso da Catedral, Museo Arqueolóxico (naqueles detalles correspondentes ao século XVIII), As Burgas, Claustro de San Francisco, Cemiterio para deixar flores nas sepulturas de Blanco Amor, Otero Pedrayo... Guiará estes itinerarios pola cidade o escritor Millán Picouto.
(Saída ás 9 h. do lugar habitual.Regreso arredor das 21 h.).
Día 22, sábado: Viaxe a Ourense para visitar o Museo Arturo Baltar na cidade, acompañados polo propio artista, co cal manteremos un coloquio; igrexas de Santa Eufemia e Santa María, Pinturas do Pórtico do Paraíso da Catedral, Museo Arqueolóxico (naqueles detalles correspondentes ao século XVIII), As Burgas, Claustro de San Francisco, Cemiterio para deixar flores nas sepulturas de Blanco Amor, Otero Pedrayo... Guiará estes itinerarios pola cidade o escritor Millán Picouto.
(Saída ás 9 h. do lugar habitual.Regreso arredor das 21 h.).
O patrimonio galego como un dos maiores expoñentes da nosa identidade, abandonado á destrución ou desamparo. Sen el camiñaremos na despersonalización e na ignorancia.
É difícil imaxinar, subindo a dura encosta da montaña que despois de Doade e o río Sil nos leva a Castro Caldelas, que á nosa dereita, no punto en que se sinala o topónimo Abeleda, poida abrirse un val aínda extenso, verde e alegre, vizoso e farturento como un soño sempre desexado. Despois de ver o Sil desde os Miradoiros de Monforte ou Sober (Duque, Pena do Castelo ou Soutochao), coas abas precipitas ateigadas de viñedos e os espellos sombreados do río, entrar na Abeleda, no propio outeiro que centra o val e sobre o que se erguen a igrexa e o mosteiro de San Paio, é como chegar a unha meta inesperada .
Alí, esa mestura de paisaxe humana e monumental, énchenos decontado os ollos e pon a mover o pensamento, a análise de como estas xoias que foron definindo o propio ser cultural van agonizando no esquezo e mesmo no desprezo. Igrexa e mosteiro comezan xa a ruína definitiva, sen volta. Igrexa de xanelas e arcos de medio punto ou apuntados, policromados aínda, vencendo heroicamente os ataques do tempo variado; sen teito xa, sen os altares roubados, con esa lección do románico compostelán ou do gótico baril abríndose á luz. A harmonía e sinxeleza do axadrezado nas impostas e arcos, as xanelas puras, altas, os canzorros escondidos tirando á dozura do erotismo, con fermosas flores ou fantásticos monstros que nos miran como espantados, as pinturas milagrosamente conservadas... son en si a protesta muda deste tesouro que berra contra o abandono e a atroz barbarie dos insensíbeis.
Comunicamos que a conferencia do historiador Pexerto Saavedra sobre o Século XVIII galego, queda para odía 25 de febreiro, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial.
Un saúdo.
Lois Diéguez
Comunicamos aos asociados e asociadas de LugoPatrimonio
que o prazo de anotacións para a viaxe a Ourense que se
realizará o día 22 de febreiro, sábado, dado o mal tempo que
houbo onte para poder facelo, amplíase desde hoxe, 5 de
febreiro, até o sábado día 8 (inclusive), polo que se alguén
está interesado non ten máis que chamar ao tfne. 656 23 63 43
(Adolfo de Abel).
Asimesmo, en breve comunicaremos a data en que se
celebrará a conferencia de Pexerto Saavedra sobre a Galiza do s.
XVIII, dado que houbo que aprazala por causas do temporal.
Un saúdo.
Lois Diéguez
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.